O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou o servizo de radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña no que este sábado se comezarán a realizar os TAC de baixa radiación aos pacientes participantes no programa piloto. A Xunta iniciará mañá o programa piloto de cribado de cancro de pulmón entre preto de 300 persoas da área sanitaria da Coruña e Cee, co que Galicia se sitúa como referente na abordaxe da detección precoz dunha enfermidade que é a primeira en mortalidade en homes e a segunda en mulleres.

