Esta fin de semana disputouse a 32 xornada da Primeira Galicia, onde quedan aínda moitos frontes abertos. O Puebla cumpriu no derbi comarcal e sumou unha importante vitoria ante o Valiño, que deberá puntuar nos dous encontros que quedan para poder evitar o descenso. O Unión gañou ante o Baio, pero segue lonxe dos postos de promoción. E a Esteirana sumou un punto no seu duelo co Bertamiráns que a deixa un pasiño máis preto da permanencia.

