0 Arredor das 15.20 horas da tarde de onte o 112 alertou aos Bombeiros de Ribeira dun lume no lugar de Couso, na parroquia ribeirense de Aguiño. Uns veciños puxeron sobre aviso ao servizo de emerxencias logo de ver unha gran columna de fume.