Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi recibido polo Rei Felipe VI no Palacio da Zarzuela. O titular do Goberno galego reuniuse co monarca, co que compartiu as prioridades que ten Galicia nesta nova lexislatura. Rueda asegurou ao Rei que a comunidade contará cun goberno estable, responsable e constitucionalista.

