A cultura está sempre presente en Ribeira, pero este maio o fará dunha forma máis especial ao ser o mes das letras. A Concellería de Cultura preparou unha programación chea de actividades que deu comezo onte á tarde coa inauguración da mostra “Bienal de Pintura do Eixo Atlántico” no Centro Cultural Lustres Rivas.