Esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuniuse cos preto de 300 docentes que forman parte dos grupos de traballo adicados na nova ordenación da FP. Na xuntanza analizáronse os retos que supón a adaptación á lei estatal, xa que o conselleiro apunta que o Ministerio aínda non publicou a normativa básica que sería a guía das autonomías.

