Recuperar un espazo para a veciñanza da Ribeiriña e poñelo en valor. Este era un dos obxectivos que se perseguía cando deron comezo os traballos de reacondicionamento no pasado 2023. Así se atopaba a zona en marzo do ano pasado, e así loce hoxe. Esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisou os resultados desta recuperación ambiental que comezou no 2011 co derrubamento da nave de La Onza de Oro.