Pobra Do Caramiñal

TRIBUNAL SUPREMO DESFAI O RECURSO DE ‘EL CHICLE’ NO CASO DE AGRESIÓN SEXUAL

O Xulgado de Instrucción número 2 de Noia instruíu sumario co número 27 de 2021 contra José Enrique Abuín, El Chicle. Unha vez concluso remitiuse á Audiencia Provincial de A Coruña, Sección Segunda, que con data do 16 de decembro de 2022 dictou sentenza. Nesta condenaba ao acusado a 14 anos de prisión e inhabilitación absoluta durante o tempo de condena. Ademáis de prohibicións de comunicación coa víctima e de achegarse a ella durante un período de vintedous anos. Como responsabilidade civil a sentencia dictou tamén a indemnización á víctima por 30.000 euros coa aplicación dos intereses legais e o pago dos costes procesais.

O acusado foi condenado por un delito de agresión sexual no ano 2005 contra a que por aquel entón era a súa cuñada, menor de idade. Este empregou a súa relación de parentesto para convencerla de subir ao seu coche e unha vez dentro levouna ata o concello de Lousame. Alí, baixo ameaza con un coitelo agresiu sexualmente á víctima.

Ante a resolución da sentencia, a defensa do acusado presentou o recurso de casación por vulneración do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva e consecuencia de nulidade da sentenza. E por erro en dereito de inaplicación como moi cualificada da atenuante analóxica de cuasiprescripción.

Tras levarse a cabo os procedementos necesarios, a Sala do Penal do Tribunal Supremo desestimou dito recurso de casación por non cumprir coas bases da cuasiprescripción e porque a na pretensión da defensa non se aclaraba se o pretendido era a aplicación da circunstancia atenuante coñecida como de dilacións indebidas ou de outra diferente que non se especificou. Así pois, José Enrique Abuín deberá cumplir a resolución primeira da sentencia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.