O centro cultural Lustres Rivas foi testemuña do acto de presentación da oitava revista de estudos rosalianos Follas Novas. Unha publicación que nesta ocasión conta co patrocinio do Concello de Ribeira. No acto estivo presente o alcalde do concello Luis Pérez, que afirmou que con esta colaboración saldábase unha débeda histórica coa fundación.

