Pobra Do Caramiñal

UN DETIDO NA POBRA DO CARAMIÑAL POR TRÁFICO DE DROGAS

No marco da operación SANT SHIMON, a Garda Civil do Posto Principal de Boiro desarticulou un punto de venta de sustancias estupefacientes en pleno casco Urbano da pobra do caramiñal.

A investigación comezou tras detectar un constante movementos de toxicómanos na zona corroborado polas queixas veciñais e a presenza de persoas con antecedentes delictivos. Dentro sa operación os axentes interceptaron a un individuo na zona xusto despois de adquirir unha importente cantidade de droga para a súa distribución.

No rexistro do varón atoparon 1.118 doses de heroína. Ademáis de outras 158 doses, 245 euros en efectivo e unha báscula de precisión en rexistros a dous domicilios asociados ao detido. Tamén foro incautados o vehículo empregado para cometer o delito e con un teléfono móbil que pasaron a disposición xudicial.

O detido compareceu ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción en funcións de Garda de Ribeira, onde a autoridade xudicial decretou a súa liberdade provisional, coa obriga de presentarse os días 1 e 15 de cada mes no xulgado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.