Pobra Do Caramiñal

CONGALSA APOSTA POLO FORTALECEMENTO DO SEU PROXECTO EMPRESARIAL ENTRANDO NO ACCIONARIADO DO ESPECIALISTA EN RESTAURACIÓN DE ALTA GAMA YATECOMERÉ

A empresa Yatecomeré especializada en restauración de alta gama ten a súa sede no municipio asturiano de Morcín, aínda que a sá fundación foi en Galicia. Este negocio fundado fai 15 anos sitúase entres os grandes da hotalaría organizada e a restauración ao proporcionar solucións de alta calidade con produtos como croquetas elebaoradas con leite e manteiga fresca, ensaladilla rusa ou diferentes preparados de carne como pulled pork, cochinita pilbil ou tinga de polo. Isto facilita a que os hostaleiros poidan ofertar recetas con productos artesanais. Todas estas ofertas axudarán agora a fortalecer o catálogo de productos de Congalsa con propostas gastronómicas de calidade.

Para formalizar este acordo, o pasado venres, Luis Miguel Simarro, presidente da Corporación Empresarial Congalsa e Julio Simarro conselleiro delegado, desprazáronse ata a sede asturiana e visitaron tamén as instalacións do polígono industrial de Argame.

Coa entrada no accionariado desta firma asturiana, Congalsa continúa fortalecendo o seu proxecto de cara a poder aportar sinerxias aos seus actuais clientes ofertando unha novidosa gama complementaria. O novo portafolio orientarase tanto a canle de hostalaría como ao retail e a comida lista para levar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.