Son numerosas as colonias felinas que se reparten ao longo de todo o municipio de Ribeira. Para manter unha vixilancia e control da poboación felina o concello ribeirense e Callejeros Barbanza traballan grazas a unha subvención do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Era unha axuda de ata 18.135 euros e vanse a dedicar 6.000 para a castración polo método CER.