A Cámara de Santiago organiza mañá un taller para impulsar a venda online entre os comerciantes de Ribeira

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza mañá xoves, día 24, un taller de ecommerce e redes sociais para o comercio minorista, titulado “Como impulsar a miña tenda online e posicionarme en redes sociais”. O obradoiro gratuíto celebrarase na Asociación de Empresarios de Riveira (rúa Rosalía de Castro, 13, entrechán Banco Pastor) entre as 16:00 e as 20:00 horas.

O taller, dirixido preferentemente a autónomos, microempresas, pemes, empregados e emprendedores do sector comercial minorista, estará impartido polo consultor e formador en marketing online e offline, comunicación, liderazgo e xestión de equipos, Javier Rocamora. O obxecto do obradoiro é dar unha visión de conxunto das posibilidades e resultados que se poden obter coa venda online, así como das alternativas tecnolóxicas e as ferramentas necesarias.

Esta actividade forma parte do Plan do Comercio Minorista, posto en marcha polas Cámaras de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

https://www.youtube.com/watch?v=d4Ydw4HYnzg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.