Mariscadores e mariscadoras retoman a campaña do marisqueo en Noia tras a remisión da toxina que obrigou a paralizar o marisqueo dende o pasado 2 de novembro

Case dúas semanas sen poder saír a mariscar e sen ingresos, esta mañá as caras de mariscadores e mariscadoras de Noia reflexaban a alegría de voltar ó traballo. Cos capachos cheos de berberecho e ameixa chegaban á lonxa de Testal e o Freixo logo dunha boa xornada. A impaciencia trala longa espera é ás portas do Nadal, cando mellor se vende o producto, fixo que os 1600 productores e productoras agardaron no mar a noticia do levantamento do peche, onte coñecían que a toxina remitira, pero os resultados oficiais do Intecmar non chegaron ata pasadas as 9 da mañá.

https://www.youtube.com/watch?v=vkT1uWjP56I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.