Ribeira recupera a normalidade no cuarto día de probas e segunda xornada laboral dende que comezou o ensaio de peonalización de diversas rúas da cidade de Santa Uxía, o Goberno Local de Ribeira quere destacar a situación moito máis normalizada en canto ao comportamento do tráfico que a vivida en datas anteriores. Neste senso, o tráfico resultou moito máis fluído e tamén cómpre salientar que as prazas habilitadas na transversal rúa Canarias compensan en boa medida os estacionamentos recortados nas rúas obxecto de probas. Por outra parte, no que se refire aos labores de carga e descarga se están respectar os horarios con que estes traballos se veñen facendo habitualmente. As probas de peonalización que se están a realizar dende o pasado venres desataron as críticas de comerciantes e veciños, ó comprobar como se sucedían os atascos na primeira xornada de probas.
https://www.youtube.com/watch?v=C3vP-ya4tqI