Moito fútbol o vivido esta fin de semana na comarca. A Primeira Galicia disputou a súa vixésima cuarta xornada con resultados de todas as cores para os conxuntos barbanzáns enmarcados no grupo Costa-Santiago. O Puebla achégase ao líder tras un novo triunfo ante o Tordoia. O Unión recupera o cuarto posto despois de vencer pola mínima ao Dumbría. A parte negativa foi a derrota da Esteirana ante o Calo, o que leva ao Valiño a ocupar postos de descenso despois do seu empate co Baio.