PRETO DE 900 PERSOAS ASISTIRON ONTE Á COMIDA DA TERCEIRA IDADE ORGANIZADA NO PAVILLÓN DA FIEITEIRA EN RIBEIRA

Xornada de domingo festiva coa comida de confraternización que o concello de Ribeira organiza para as persoas da terceira idade. Como xa é tradición o plato principal foi unha laconada, mais os asistentes defrutaron tamén de entrantes, mariscos e un postre de entroido para rematar da mellor maneira. Antes de dar comezo coa comida distintas autoridades dirixíronse aos asistentes, comezando polo concelleiro de servizos sociais, Vicente Mariño.
26022024 05 COMIDA MAIORES

Salir de la versión móvil