Un total de 33 empresas presentan as súas ofertas para a execución das obras de conexión do núcleo de Portobravo, no concello de Lousame, coa vía de altas prestacións que une Noia con Santiago.
Estas actuacións, que se licitaron por un importe de máis de 1,2 millóns de euros, teñen un prazo de execución de 18 meses.
A conexión proxectada permitirá que, partindo do enlace de Sampaio entre a VAP Brión- Noia (CG-1.5) e a AC-543 (conexión posta en servizo polo Goberno autonómico en 2012), e discorrendo a través desta e da nova vía prevista, os usuarios se acheguen ao núcleo de Portobravo por un itinerario mais áxil e seguro, evitando o tráfico de características máis urbanas da travesía de Noia.
A consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto executar en dúas fases as obras que se definen no proxecto de trazado, que se desenvolverán mediante dous proxectos de construción diferenciados; en primeiro lugar executarase a vía de novo trazado entre Portobravo (AC-308) e A Fialla (AC-311); e posteriormente acometerase o acondicionamento da vía existente desde este punto ata a AC-543.
https://www.youtube.com/watch?v=xusSstmbW-U