OLEADA DE TIMOS NO CONCELLO DE RIBEIRA ENTRE O MÉRCORES E O XOVES DESTA SEMANA

Os habitantes ou veciños de Ribeira estén moi atentos xa que xa son cinco as persoas afectadas por un timo dun varón da zona. O home, de entre uns 27/ 35 anos de aproximadamente 1,70, cabelo negro e barba medio afeitada achégase ás víctimas asegurando que lle quedou o teléfono no coche da súa nai e que o necesita para coller un taxi e acudir ao seu traballo xa que debe pagar un taxi.
En primeiro lugar pide á persoa se pode chamara a súa nai, número que nunca responde.
Ante a negativa pídelle a mesma persoa se ten cartos que lle poda facilitar xa que chega tarde ao traballo e non ten outros medios.
Asegura á víctima que devolverá os cartos vía Bizum e facilita un número de teléfono, o que supostamente é o seu.
As persoas afectadas que lle entregaron 10 ou 20 euros, facendo un total de aproximadamente uns 50 euros, contactaron posteriormente con ese número. Mais para sorpresa de todos a ese número responde unha muller cordobesa a cal descaoñece o que está pasando máis informou a este medio que interpuxo unha declaración de feitos xa que están usando o seu número de teléfono dunha maneira fraudulenta.
O varón actúa dunha maneira agradable e amosa unha preocupación real por non chegar ao traballo e aproveitase da bontade da xente.
As vítimas deste timo preferiron manterse no anonimato máis contan a historia para alertar a tódolos veciños e veciñas da zona.
23022024 02 ESTAFA RIBEIRA

Salir de la versión móvil