DERBI GALEGO NA SUPERLIGA 2

O voleibol volverá a ter o seu oco no calendario deportivo desta fin de semana. A Superliga 2 vivirá a súa décimo sétima xornada cun encontro marcado en vermello para os amantes desta disciplina en Galicia xa que haberá derbi. O Club Vigo Voleibol recibe a visita do Rotogal nun duelo que se agarda igualado.
23022024 13 PREVIA BOIRO VOLEIBOL X17
O conxunto adestrado por Adrián Alves chega a esta xornada encadeando dúas vitorias seguidas polo que afrontan este partido coas gañas de sumar o terceiro triunfo. O Boiro Voleibol chega a este derbi no sétimo lugar e con confianza logo de impoñerse nun duelo moi igualado ao Sporting Soria no que os boirenses disputaron un encontro moi serio en defensa e tamén no plano ofensivo.

Nesta ocasión no outro lado da rede estará o Club Vigo Voleibol, sexto clasificado do grupo A da Superliga 2 e que afronta este derbi coa vitoria como obxectivo. A pasada xornada os vigueses impuxéronse nun duelo igualado ao Extremadura Grupo Laura Otero por 0-3.

Os precedentes non son positivos para o Boiro Voleibol xa que no partido de ida os vigueses conquistaron A Cachada por 1-3. Resultado que o Rotogal non quere repetir esta fin de semana. Mañá disputase este derbi galego no pavillón municipal de Coia, partido que comezará ás 18.30 horas.

Salir de la versión móvil