Feijóo Inaugurou Hoxe En Sada O Centro De Atención A Persoas Con Parálise Cerebral

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Traballo e Benestar, presidiu esta mañá a inauguración do centro de atención integral a persoas con parálise cerebral ata 21 anos ASPACE.

Núñez Feijóo destacou que, cando remate este ano, as prazas destinadas ás persoas con discapacidade se terán incrementado nun 20%, tras a creación de preto de 850 desde abril de 2009. Engadiu que Galicia conta, actualmente, con 5.000 prazas para este colectivo sostidas con fondos públicos.

Por outra parte, Feijóo salientou o reforzo nun 8% da dotación para os programas de emprego de cara a acadar a integración laboral das persoas con discapacidade, aos que se destinan 17,4 millóns de euros, e subliñou que o Executivo galego está a desenvolver unha política “transversal” en materia de discapacidade, centrada no incremento no número de prazas, na calidade dos servizos prestados, na inserción laboral e no marco normativo.

http://youtu.be/3FYLx7k8Ipk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.