Deportes

OS ATLETAS BARBANZANOS ENZO LÓPEZ E SERGIO GOZÁLEZ FIXÉRONSE COA VITORIA NA PROBA DE XAVELINA NO CAMPEONATO REXIONAL DE LANZAMENTOS DE INVERNO DE BRAGA

Tres atletas do Clube Atletismo barbanza foron invitados ao campeonato Rexional de Lanzamentos de Inverno de Braga en Portugal a pasada fin de semana. Os tres participaron na disciplina de xevelina e en xeral as sensacións e os resultados foron bos.

Enzo López realizou un concurso moi regular e conseguir acadar a segunda mellor marca española da tempada na categoría sub 18 e a mellor marca galega. O que lle serviu tamén para facerse coa vitoria.

Tamén Sergio López venceu na categoría sub 20 realizando a súa mellor marca da tempada que o sitúa no primeiro posto do ranking galego.

A derradeira participante, Lara Iglesias, foise cun sabor agridoce, xa que as sensacióna na pista e nos lanzamentos foron boas, sen embargo tódolos lanzamntos foron nulos.

Os atletas continúan adestrando e mellorando para futuras competicións.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.