MODIFICACIÓN NO DOG RESPECTO DAS COMPENSACIÓNS QUE PODERÁ PERCIBIR UN PACIENTE CANDO DEBA TRASLADARSE A UN HOSPITAL FORA DO SEU MUNICIPIO

O Sergas aplica desde o pasado sábado uns novos criterios de compensación aos pacientes de deban desprazarse fora do seu municipio para acudir a unha cia médica. Os cambios recollidos nunha orde da Consellería de Sanidade actualízanse tras máis de 20 anos, xa que as compensacións estaban todavía marcadas en pesetas. Agora o importe que poderán solicitar os pacientes será de 15 céntimos por kilómetro, fronte ás 20 pesetas anteriores.

Tamén coa nova orde os pacientes poderán solicitar compensacións por aloxamento e manutención se deben destrazarse a un hospital a máis de 100 kilómetros do seu centro de referencia ou se deben recibir asistencia médica nas 24 horas seguintes desde a primeira consulta.

As facturas presentadas, por outra banda, non poderán superara os 30 euros por persoa e día nin os 450 euros ao mes.

Finalmente, esta nova orde tamén inclúe aos pacientes que teñan que ser derivados a outra área sanitaria, dentro ou fora do territorio galego, para diagnosticar ou confirmar un diagnóstico dalgunha enfermidade rara. En canto aos acompañantes, tamén poderán percibir compensación se o paciente é menor de idade, ten unha discapacidade recoñecida de máis do 65%, é unha persoa maior tutelada os de o facultativo marca que é necesario que alguén acompañe ao paciente.

Salir de la versión móvil