Os problemas do sector do mar a debate o sábado en Boiro, o BNG da Barbanza organiza un acto informativo co sector e no que van intervir a eurodeputada Ana Miranda, a deputada Montse Prado, o exdeputado do BNG , Dani Rodas, e o responsable da Cig, Xabier Aboi. Trataranse os temas de actualidade que preocupan ó sector, como é a obriga de levar botiquíns C en embarcacións de baixura ou os coeficientes reductores entre outros. Ademais daranse a coñecer todos os traballos feitos dende o BNG a prol do sectoro do mar.
O acto realízase o sábado 12 de novembro as 20:00 na casa de cultura da Cachada en Boiro. O acto é aberto e participativo. O BNG quere recoller as inquedanzas e propostas do sector para continuar o seu traballo en defensa dos traballadores e traballadoras do mar, coa convicción de que o mar galego ten futuro se a Xunta de Galiza asume as competencias que ostenta en augas interiores das rías e se se lle planta cara ás decisións do goberno do Estado e de Europa que prexudican os intereses de Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=HfHZ6tSy6L4