Ferido un mozo nun accidente de tráfico en Boiro

Un mozo resultou ferido leve tras sufrir un aparatoso accidente en Boiro. O sinistro produciuse na Rotonda de Espiñeira, que da acceso dende Boiro á autovía da Barbanza dirección Ribeira, o home de 39 anos, e que responde ás iniciais G.C., de nacionalidade Rumana pero residente en Boiro, circulaba polo carril de acceso á autovía entre Vilariño e Espiñeira, ó chegar á rontonda de Espiñeira seguiu de frente, atravesándoa e saíu literalmente voando sobre ela, para rematar en sentido contrario nunha cuneta do carril de acceso á autovia. Na manobra arrancou varias sinais de tráfico voluminosas. Nun principio pensouse que o mozo estaba atrapado no vehículo, pero puido saír polo seu propio pe.
Ata o lugar do accidente desprazáronse os bombeiros e protección civil de Boiro, a garda civil de Boiro e a garda civil de tráfico, policía local e persoal de mantemento da via, ademais dunha ambulancia que trasladou o home ata un centro médico dende onde foi derivado ó Hospital Clínico de Santiago.

A Garda civil de Boiro acompañou a ambulancia ata o centro médico porque se da a circunstancia que sobre o mozo implicado no accidente había pendente unha orde de detención por motivos axenos ó accidente, polo que será detido en canto sexa dado de alta.

https://www.youtube.com/watch?v=QZ-YZDWcwbc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.