A atleta chegaba á competición cun obxectivo claro. Acadar a mínima necesaria para clasificarse no campionato mundial que se desputará dentro de dúas semanas en Glasgow. Unha mínima que parecía non chegar é que a propia Peleteiro asegurou que estaba sendo unha presión que necesitaba quitarse de enriba para continuar coa tempada e desfrutala. E así foi, tras un primeiro salto de 14,19 que lle aseguraba a, medalla de ouro e lle daba confianza, e un segundo salto nulo. A atleta axustou un terceiro salto no que chegou aos 14,32 metros.