Este primeiro curso mixto Técnicas de investigación e afectación de dereitos fundamentais. A súa regulación legal, está dirixido por Fernando Quiroga, fiscal delegado da Fiscalía Antidroga de Galicia e conta coa participación de dez xuíces, dez fiscais e dez letrados.
Durante este curso abórdanse contidos como A investigación penal e afectación dos dereitos fundamentais, Axente encuberto e entregas vixiadas ou Captación e gravación de comunicacións orais mediante a utilización de dispositivos electrónicos.
Estas accións formativas mixtas son posibles grazas a unha solicitude da Vicepresidencia da Xunta de Galicia ao Consello Xeral do Poder Xudicial para ampliar a oferta formativa derivada do convenio de colaboración en materia de formación continuada de xuíces e maxistrados para o ano 2016.
Ademais, no mes de xullo a Agasp contactou co Ministerio de Xustiza a través do Centro de Estudios Xudiciais para asinar un convenio que se atopa en tramitación. Porén, o Centro de Estudos Xudiciais permite xa como proxecto piloto que nestes cursos participen Fiscais e Letrados posibilitando esta formación mixta. Este convenio, en tramitación, tamén permitirá ampliar aos médicos forenses e aos avogados do Estado a formación na academia.
https://www.youtube.com/watch?v=7bTQkPk6qqw