A GARDA CIVIL DO POSTO DE BOIRO INCAUTOU MÁIS DE CATRO KILOS DE DROGA, 2000 EUROS EN EFECTIVO E 129 CARTUCHOS DE BALA NA OPERACIÓN COPITO DE NEVE

Os axentes da Garda Civil de Boiro levaban desde principios do verán do pasado ano 2023 realizando investigacións entorno a esta operación. Tras trascender ás autoridades a suposta habilitación de diversos puntos de venta de droga a pequena escala. Os cales estaban causando problemas á veciñanza da zona.

No transcurso das dilixencias os axentes deron coa identidade das supostas persoas implicadas, seis homes e dúas mulleres. Ademáis de coñecer á ubicación dos puntos de venta. Unha vez localizados solicitaron unha autorización xudicial para o rexistro de dous dos inmobles e puideron acceder a dous máis xa que os residentes accederon voluntariamente.

Tralas inspeccións os axentes incautaron 2.055 euros en efectivo, 835 gramos de cocaína, 75 de heroína, 102 de hachís, 3,2 de marihuana, 11 básculas de precisión, tres teléfonos móbiles, 129 cartuchos de bala e outros artigos destinados á preparación e venda das sustancias.

Nesta operación foron detidas as oito persoas presuntamente responsables por un delito de tráfico de drogas e outro de pertenza a grupo criminal. Todos foron potos a disposición do xulgado de Ribeira, que decretou o envío a prisión provisional do líder do grupo.

Salir de la versión móvil