A fita de Ignacio Vilar,»SICIXIA – Paseo polo amor e a Costa da Morte» (Vía Láctea Filmes, TVG) presentouse O LUNS en París ante máis de 300 persoas nun espectacular evento que aliaba cinema e gastronomía. O público parisino non quixo perder unha prometedora viaxe de «Galicia a través dos cinco sentidos» e, dúas horas antes da agardada proxección, nas portas do Cine Majéstic-Passy de París anunciábase que as entradas estaban esgotadas.
Ás 20h30 do serán, o director Ignacio Vilar, a actriz Marta Lado e o actor Monti Castiñeiras presentaron o filme acompañados por Laura Fernández (Vía Láctea Filmes) e Laura del Sol .
Os chefs galegos Iván Domínguez (estrela Michelín, Grupo Amicalia, Grupo Nove, Coruña Cociña), Javier Rey (Grupo Amicalia), Miguel Silvarredonda e Tino Otero (Porto-Muíños) foron os encargados de poñer o punto e final a esta inesquecible «soirée» cunha suculenta «Degustación do Mar da Costa da Morte» ofrecida por GALP Costa Sostible, Vía Láctea Filmes e Porto-Muíños na que os asistentes tamén tiveron ocasión de degustar unha coidada selección de viños godello e mencía da D.O. Valdeorras
O cinema galego de Ignacio Vilar e os sabores do mar de Iván Domínguez e Porto-Muíños conquistaron o público parisino
Please login to join discussion