DOUS CENTROS DE COWORKING DA COMARCA DO BARBANZA BENEFICIARANSE DAS AXUDAS PROVINCIAIS QUE PRESENTOU NO DÍA DE HOXE A DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución de concesión das axudas para a dinamización e xestión dos centros de coworking, adheridos á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo durante o ano 2024. Unha proposta que desde a deputación aseguran defende e aposta polo emprendemento da xente moza. Nesta rede están inscritos 11 centros de coworking, dos cales 9 recibirán estas subvencións que oscilan entre os 11.200 e os 29.750 euros, facendo un total de 211.051,56 euros de inversión da deputación.
15022024 09 DEPUTACION

Salir de la versión móvil