Ribeira

PISTOLETAZO FINAL AOS FESTEXOS DE ENTROIDO EN RIBEIRA CO TRADICIONAL ENTERRO DO FELIPE

Ás sete e media da tarde de onte o felipe saía desde Capitanía marítima en dirección a súa quiema na praza dos mariñeiros. A comitiva fúnebre acompañou ao boneco polas rúas do municipio. Nenos e maiores disfrazados para desfrutar dos últimos eventos deste entroido 2024. E para desfrutar máis da procesión ata o destino final, a charanga Os Celtas da Baña, animaron a todos os asistentes a cantar e bailar ao ritmo das súas cancións.

Unha vez na praza dos Mariñeiros as choronas despedíronse do seu home para sempre e tiña lugar o enecendido do Felipe. Este boneco creado un ano máis pola Unidade de Conductas Adictivas, foi reducido a cinzas mentres os asistentes desfrutaban do espectáculo acompañado por fogos artificiais.

Para finalizar, organizouse unha degustación de doces típicos na carpa do Malecón para despedir, polo menos ata a fin de semana, o entroido en Ribeira.

Noutros municipios próximos como Porto do Son tamén despediron ao Felipiño, en Muros ao Facundo, en Rianxo ao Toribiño e en Noia a sardiña. Todas estas despedidas animadas por música, lágrimas das choronas, disfraces e moita festa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.