A CONCELLEIRA DE CULTURA DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL E A TÉCNICA FITA SANISIDRO PRESENTARON HOXE A SÉTIMA EDICIÓN DO PROGRAMA DE FORMACIÓN CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA

Tódalas persoas maiores de 50 anos no concello da Pobra do Caramiñal están convidadas a participar nunha nova edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela, Camiños de Coñecemento e Experiencia. Este proxecto pretende facer máis accesible o coñecemento as xeracións de maior idade, mais tamén descentralizar o coñecemento das grandes cidades.
14022024 07 CAMIÑO COÑECEMENTOS POBRA

Salir de la versión móvil