O concello da Pobra do Caramiñal encheu as súas rúas con música, festa, disfraces, carrozas e comparsas nun martes de entroido desfrutado por tódalas persoas independentemente da idade. A axenda cultural do concello incluíu un desfile que partiu da estación de autobuses ás 17:30 da tarde e que se puido desfrutar grazas a un tempo agradable, que tamén deixou desfrutar do concurso de disfraces para maiores de 13 anos. Ademáis para moitos foi unha xornada redonda xa que o concello repartiu máis de 5000 euros entre os certamens e ás carrozas.

