Unha treintena de comercios de Ribeira participan o sábado 12 de novembro na novena edición da Noite Aberta, unha iniciativa da asociación de empresarios e Viamare en colaboración co concello de Ribeira. Con descontos de ata o 50% , sorteos de vales de compra e varias actividades os comercios ribeirenses tratarán de dinamizar as ventas.
O concello de Ribeira colabora coa disposición de inchables para desfrute dos mais noviños, estarán na praza do concello de Ribeira de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:00.
https://www.youtube.com/watch?v=0iv6nVCjtNo