Porto Do Son

REPRESENTANTES DO BNG DE PORTO DO SON REUNÍRONSE HOXE ANTE O CENTRO DE SAÚDE PARA DENUNCIAR AS MALAS CONDICIÓN NAS QUE SE ATOPA O EDIFICIO

O grupo municipal do BNG de Porto do Son presentou o día 2 de novembro do pasado ano 2023 un escrito no rexistro municipal do concello comunicándolle ao goberno municipal a situación na que se atopaba o centro. O tema foi tratado no pleno ordinario do 30 de novembro, no cal o equipo de goberno aseguraba que xa se levaran a cabo as medidas de mantemento necesarias. Balbino González, portavoz do BNG do concello declarou que os problemas non se arranxaron e o pasos 1 de febreiro presentaron un rogo no pleno. Como última medida hoxe pola mañá acudiron ao centro de saúde para denunciar desde alí a situación.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.