Esta mañá a deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Rosana Pérez, e o portavoz municipal de Noia, Ricardo Suárez, mantiveron unha reunión coa Asociación de Usuarios da praza de abastos da vila noiesa. Nela afondaron nas problemáticas do colectivo e transmitíronlle as propostas do BNG para impulsar o comercio local.
O BNG DE NOIA RECLAMA AXILIDADE E TRANSPARENCIA PARA QUE OS PRACEIROS DA LOCALIDADE POIDAN CONTAR O ANTES POSIBLE CO SEU ESPAZO HABITUAL DE TRABALLO


