Un veciño de Carreira resultou ferido ó ser atropelado cando cruzaba a estrada

Un veciño de Carreira de mediana idade e que responde as iniciais, M.V.T. resultou ferido esta mañá cando cruzaba a estrada 7305 a altura de Campos. O home saía de tomar un café e dirixíase a coller o autobús cando un vehículo procedente de Aguiño o atropelaba. Como resultado do accidente o home sufreu un golpe na testa, e tamén se queixaba de dor un xeonllo. Foi trasladado ata o hospital do Barbanza por unha ambulancia. Ata o lugar do accidente desprazouse un equipo de atestados da Garda Civil para realizar medicións na calzada.

https://www.youtube.com/watch?v=hq_jQZB6n48

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.