O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, abordou hoxe nun almorzo informativo coa Confederación de Empresarios da Coruña diferentes aspectos relacionados coa enerxía e a industria na provincia. Tras a xuntanza definiu como unha prioridade que a enerxía permita a Galicia e España ser protagonistas en Europa nos vindeiros anos, e tamén que as industrias galegas teñan unha oportunidade de competitividade.