martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Concluídos os traballos de pavimentación e ampliación do vial entre gándara en riveira e campo de patas en PORTO DO SON

Santa Uxía de Riveira, 8 de novembro de 2016.- o Concello informa da conclusión dos traballos dirixidos á pavimentación do vial que une o lugar riveirense de Gándara (en Oleiros) co sonense de Campo de Patas, na parroquia de San Pedro de Muro.

Cómpre lembrar que a materialización desta obra foi posible despois de que ambas administracións locais decidiran formalizar a principios deste ano a solicitude dunha axuda á Xunta ao abeiro da orde 23/12/2015 para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

A empresa en que recaeu a realización da actuación foi Canarga, S.L., por un importe de 44.717 euros, IVE incluído.

O tramo obxecto da actuación tiña un firme de calzada bastante deteriorado, cun ancho de rodadura de cinco metros. O obxectivo fundamental que se perseguiu consistiu en ampliar a plataforma de rodadura nun metro (pasando de 5 a 6 metros) ademais de mellorar o firme actual cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.

Tamén incluíu a construción dunha nova rede de drenaxe de pluviais con tubo de PVC e as correspondentes arquetas.

https://www.youtube.com/watch?v=ti7FsvrSGWI

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.