A consellería do mar convoca un curso de mariñeiro pescador na modalidade online

A Consellería do Mar publicou hoxe a resolución pola que se convoca un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online, que terá lugar entre o 9 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2017, cunha duración de 50 horas. O curso titorizarase desde a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.

O período de pre-matrícula para este curso, que contará con 60 prazas, estará aberto dende mañá mércores ás 08:00 horas ata o vindeiro 25 de novembro ás 15:00 horas. A relación de admitidos será establecida en función da hora e do día da prematrícula.

As características da modalidade de teleformación para obter a titulación profesional náutico pesqueira de mariñeiro pescador, as condicións de acceso, a documentación necesaria para formalizar a matrícula e o modelo de solicitude pódense atopar no seguinte enlace.

Unha vez que remate o curso de teleformación, realizarase un exame presencial no centro de Ribeira. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.

Cabe lembrar que na actualidade estanse impartindo outros dous cursos de mariñeiro/a pescador/a online titorizados desde a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e desde o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Estes cursos comezaron o 3 de novembro e rematan o 14 de decembro.

https://www.youtube.com/watch?v=eZOdEYdIo2A

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.