Touroperadores británicos especializados en turismo da natureza e gastronómico interésanse pola oferta de arousa norte

A xerente de Arousa Norte, Maruxa Ledo, e o coordinador de Arousa Norte, Carlos Rodríguez, están a ter estes días en Londres unha intensa axenda de reunións e contactos con touroperadores e profesionais do mundo do turismo no marco da World Travel Market, unha das feiras internacionais máis importante do sector turístico profesional.
Concretamente, os touroperadores que están amosando maior interese pola oferta de Arousa Norte son os especializados en turismo da natureza, o gastronómico e os que buscan unha oferta de experiencias singulares e de calidade.
A World Travel Market convoca cada edición uns 50.000 profesionais do mundo turístico que se dan cita neste evento no que se presenta unha ampla gama de destinos e sectores da industria. Ademais, preto de 3.000 profesionais da comunicación informan sobre as últimas tendencias e ofertas da industria dos viaxes.
Deste xeito, touroperadores como Explore, Wexas, Steppes Travel, Major Travel, Brittany Ferries, Travel Services Europe, Viator, Responsible Travel, Headwater e Nature Trek amosaron o seu interese por coñecer a oferta turística de Arousa Norte.
Neste sentido, Maruxa Ledo presentoulles o potencial paisaxístico natural desta zona, o patrimonio arquitectónico e cultural, e a gastronomía como principais atractivos dunha oferta turística baseada no contorno, na hospitalidade das xentes e na calidade dos produtos do mar e da terra.

https://www.youtube.com/watch?v=ujncTfQokAc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.