Icono del sitio CanalBarbanza.com

SAIZ TAMÉN COÑECEU A SITUACIÓN DA CONFRARÍA DE CABO DE CRUZ

A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, estivo tamén en Cabo de Cruz onde mantivo unha xuntanza co equipo directivo da confraría local e co colectivo do marisqueo a pé. O pósito está a pasar por unha situación complicada pola denegación dunha axuda vital da Consellería do Mar, situación que compartiu a directiva coa ministra. Tamén lle entregaron dúas cartas nas que se recolle a realidade pola que está a pasar a confraría de Cabo de Cruz e a ría de Arousa.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil