Deportes

DERROTA A DOMICILIO DO ROTOGAL BOIRO VOLEI FRONTE AO JOVELLANOS-GIJÓN VOLEI POR UN 0 A 3 QUE OS DESCENDE ATA A NOVENA POSICIÓN NA CLASIFICACIÓN DE LIGA

Os boirense enfrotáronse ao Jovellanos-Gijón Volei na pista da cachada nun partido que se presentaba complicado pola boa posición destes na clasificación. E no cal finalmente perderon por 0 a 3. Mais pese ao resultado xeral o equipo do Barbanza loitou cada set, acadando unha puntuación de 20 a 25 no primeiro set, 22 a 25 no segundo e 19 a 25 no terceiro e derradeiro.

Esta derrota fai que o Rotogal descenda unha posición na clasificación, situándose no noveno posto con 14 puntos e a tan só catro de diferenza do último equipo da tabla. O equipo de Alves Castro tenta non perder os ánimos e traballar duro durante esta semana para chegar á décimo quinta xornada da liga con forza para facerse de novo coa vitoria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.