OS CONCELLOS DE MUROS E LOUSAME APÚNTANME TAMÉN A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO CUNHA PROGRAMACIÓN QUE FARÁ DESFRUTAR A MAIORES E PEQUENOS

No concello de Muros a celebración comezará o mércores 7 de febreiro e prolongarase ata o venres 16. Dez días nos que convidan a todo o mundo a participar na ampla variedade de actividades de entroido repartida polas distintas parroquias grazas á colaboración das asociacións veciñais.

Entre as actividades máis destacadas están os obradoiros “letras disfrazadas” do mércores día 7 na axencia de lectura de esteiro e do venres 9 na biblioteca de Muros. Mais tamén as múltiples festas infantis repartidas polas parroquias. O venres día 9 en Surribos, Abelleira, o sábado 10 en Agrovello, Tal, o luns celebraranse dúas, no pavillón Xosé Lago en Esteiro e no Pazo Cachón en Serres. O martes será o turno do centro social de Louro e pare rematar, o venres 16 de novo dúas opcións, na casa reitoral de Torea e na biblioteca do Centro San Xosé en Muros. Todas estas opcións de festas infantís son de carácter gratuíto e darán comezo ás cinco da tarde.

Mais que os maiores vaian sacando tamén os seus disfraces, porque o venres día 9 teñen a primeira cita do programa cunha festa de entroido para maiores en Sel que comezará ás 20:30 da tarde. E que a festa non pare, xa que o domingo terá lugar o tradicional concurso de comparsas no que se rapartirán máis de 3500 euros en premios. Para finalizar, o mércores 14 celebrarase o xa tradicional enterro do facundo ás 19 da tarde.

Salir de la versión móvil