Deportes

NA PREFERENTE O NOIA BUSCARÁ MANTERSE NO LIDERADO NA CASA DO SOFÁN. O BOIRO RECIBE A VISITA DO CLUB LEMOS E O CIDADE DE RIBEIRA MEDIRASE ÁS PONTES

Nova xornada da Preferente na que hai moito en xogo no grupo Norte. Os equipos da comarca precisan puntuar para achegarse aos seus obxectivos. O Noia defende o liderado na casa do Sofán, o Boiro terá enfronte ao Club Lemos e o Cidade de Ribeira vivirá un duelo directo pola permanencia ante As Pontes.

O Noia afronta esta vixésimo primeira xornada da Preferente cunha importante saída xa que visitan ao Sofán, sétimo clasificado. Os brancos, que son os líderes do grupo, teñen que puntuar para pechar a fin de semana no mesmo lugar xa que só contan con dous puntos de vantaxe co Boiro. Os noieses veñen de sumar de tres logo de impoñerse nun traballado derbi ante o Cidade de Ribeira, mentres que o seu rival desta xornada, o Sofán, perdeu pola mínima ante o Victoria CF. O verde do Carral será o escenario onde os dous equipos se midan na procura de facerse con tres importantes puntos. O esférico comezará a rodas ás 17.00 horas do domingo en Carballo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.