Non hai mal que por ben non veña, e a chegada do frío reactiva as ventas de roupa, o cálido outono mantiña as ventas paradas, cos escaparates con roupa de abrigo mentres aínda se podía vestir a roupa propia do verán. Estes días comezaron a venderse os abrigos, xerseis e bufandas.
As ventas no sector téxtil notan unha lixeira melloría con respecto a anos anteriores, os consumidores gastan un pouco máis deixando ver a mellora da situación económica no país.
A xente xa se anima a mercar roupa de abrigo, non queda outra. Porén non son poucas as persoas que prefiren aforrar e tirar de armario, en troques de renovar vestiario.
As novas tendencias seguen a ganar a batalla á crise, e tratando de estar á moda os veciños e veciñas da comarca tratan de mercar algunha das novidades que presentan este ano os comercios da comarca.
https://www.youtube.com/watch?v=e5M3aQ0Ljbo