Coa chegada das primeiras neves tamén se animan as ventas de calefaccións, este ano aínda van moi lentas, mais xa aparecen os primeiros clientes buscando o mellor sistema para manter cálido e confortable o seu fogar, o que si leva tempo vendéndose son os deshumidificares, coa chegada da chuvia e o frío son indispensables nos fogares galegos, así o comprobamos en Electrodomésticos Milar Sampedro, en Ribeira.
Ante o encarecemento da electricidade o butano volve ocupar un lugar importante á hora de escoller o mellor sistema de calefacción, as estufas que usan este tipo de combustible cobran importancia nos establecementos, os acumuladores deixan paso ó calor azul, e ás estufas de gas butano.
O frío apreta, o calor marchou, e chega a época de comer castañas, caldiños quentes e acondicionar a temperatura dos fogares galegos.
https://www.youtube.com/watch?v=u52KbdDD-Yc