NO DÍA DE HOXE CONSORCIOS PROVINCIAIS CONTRAINCENDIOS E REPRESENTANTES SINDICAIS DOS BOMBEIROS COMARCAIS CHEGARON A UN ACORDO

Tras meses de folga, representantes dos consorcios contra incendios, mantiveron hoxe unha xuntanza no Concello galego de relacións laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocara folga.

O texto asinado prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras. Aínda así continuarase con distintas negociacións para acadar melloras laborais.

Por outra bando no acordo prevese tamé crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo.

Salir de la versión móvil