A Xunta destaca que a cooperación entre administracións resulta fundamental para acadar unha mellor resposta ante as emerxencias

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a suma de esforzos entre as distintas Administracións resulta fundamental para acadar e poder dar os mellores servizos aos cidadáns galegos, xa que a a coordinación entre Xunta e concellos, resulta imprescindible para ofrecer sempre o mellor servizo á nosa comunidade, e máis nun eido tan importante, coma son as emerxencias.
Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, e o alcalde da Estrada, José López, ademais do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiron esta mañá á posta en marcha da nova sede do servizo de emerxencias do concello estradense, que atenderá a oito concellos da comarca que suman máis de 60.000 habitantes.

A posta en marcha da nova sede do servizo de emerxencias da Estrada é grazas á cooperación entre Administracións, ademais dun exemplo do que se debe facer en prol do benestar dos cidadáns, xa que precisamente nesa suma de esforzos e na coordinación efectiva a través do 112 basease o mapa de emerxencias de Galicia, no que colaboran varias administracións e no que o territorio e as persoas están cubertas por distintos efectivos e servizos.

A nova sede está ubicada no edificio que anteriormente albergaba o Centro Comarcal e que foi cedido pola Xunta para poder aproveitalo en beneficio dos veciños, e que a partir da agora acollerá o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil da Estrada, que conta con máis de 50 profesionais e voluntarios. Esta nova sede conta cunha zona operativa con sala de comunicacións, de descanso, comedor, cociña, ximnasio, despacho, almacén; zonas administrativas; zona de almacén e cun parking para vehículos de emerxencias. Unha base que poderá prestar servizos ás emerxencias da zona coas mellores dotacións materiais e tecnolóxicas, ben situada e cunha substancial mellora nas infraestruturas dos servizos de emerxencias a nivel local e comarcal.
A maiores, ao longo do ano que vén, primeiramente o 112 e despois o 061, iranse trasladando ambos servizos ao novo Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, ubicado no mesmo concello, o que fará que que A Estrada se convirta no punto neurálxico da xestión de calquera incidencia que se produza na nosa comunidade, cuns servizos integrados nunhas instalacións modernas, á vangarda da tecnoloxía, colocando a Galicia como un modelo na xestión das emerxencias.

https://www.youtube.com/watch?v=5Td6h7sE74M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.