O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá a Oficina de Transición Enerxética (OTE) da Deputación, onde participou xunto á deputada de Emprego, Industria e Transición Ecolóxica, Rosa Ana García e do deputado portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, nunha reunión cos equipos técnicos deste novo servizo provincial. Desde As Pontes presta servizo aos 93 concellos coruñeses, do centro Next Deputación de captación de fondos europeos e a Oficina de Transformación Comunitaria de Ames.